domingo, 29 de noviembre de 2009

SAÚDOS DA BIBLIOTECA 2009



Pasouche ben tempo desde que o equipo da biblioteca fixo o último comentario neste blog. Pero como se soe dicir "mais vale tarde que nunca", aquí voltamos con moitas ganas, con moitas historias e con moitas novidades (xa vos contarán, xa vos contarán...!).


Para este curso, imos petar forte na porta das vosas aulas (falamos en sentido poético, que a ninguén se lle ocurra tomalo literalmente) e inmiscuírnos nas vosas lecturas, no voso traballo e no voso lecer.

Por certo, lembrades onde estamos? Si, si, sabemos que esta frase vos recordará a algo, pero nada que ver ese "ao fondo, á dereita" co espacio da biblioteca que temos no instituto.


"Agora mola", di Chaniño. "Ou?"


Para os que chegástedes novos ao Instituto este ano, presentámosvos a Chaniño. Este bonequiño tan estupendo é o representante da nosa Biblioteca. Naceu da imaxinación de Alicia, a profesora de plástica e vainos acompañar en todas as actividades, que este ano van ser unhas cantas.

Rapaces, todas e todos, que teñamos un Feliz Inicio de Blog 2009. Esperamos vervos por aquí con frecuencia e que vos animedes a participar, xa que os vosos comentarios axúdannos a mellorar.

No hay comentarios: