BENVIDA A TOD@S!!!!!!!! INAGURACIÓN DO BLOG DA BIBLIOTECA
Hoxe é un día importante: a biblioteca do noso instituto comeza a súa andadura cibernética, disposta a saudar a cantas personas nos queiran visitar. Así que engadide á sección de favoritos do voso ordenador este nome "Que din os rumorosos", e recibide
tod@s un saúdo virtual de benvida.
Neste curso, a nosa biblioteca empezou unha andadura de cambios importantes, algún deles moi visibles e outros non tanto, -lembradevos da biblioteca antes da chegada dos ordenadores, ou do "supersofá non autografiable"-. Outros cambios aínda están xestándose, e algúns levan xa fervendo motores dende principio de curso.
E isto non vai rematar aquí. Como se di musicalmente, "andante" -se présa pero sen pausa- irémosvos contando no noso blog, as novas máis importantes que xurdan en relación á biblioteca e ao noso centro.
¿Queredes saber que din os rumorosos do IES Chano Piñeiro de Forcarei?
Pois ala, a teclear, a teclear...