lunes, 30 de noviembre de 2009

Brrrrrrrrrr! Vaia si "hello"... pegadas de Xaneiro

Despois dunha sesión máis digna duns Xogos Olímpicos que dunha biblioteca, por fin conseguimos pegar todas as pegadas no corredor da biblioteca. Así que aquí as deixamos, para que poidades velas cando queirades na casa (avisade á familia, que seguro que lle fai ilusión) e vos sexa mais fácil a votación.
Empezamos por xaneiro. Pouco a pouco irán chegando as demáis.

Por certo,... queremos agradecer a todos os colaboradores desta mañá a axuda prestada. Sen vos non daríamos feito o traballo tan axiña.
Unha aperta, estupend@s!

domingo, 29 de noviembre de 2009

SAÚDOS DA BIBLIOTECA 2009



Pasouche ben tempo desde que o equipo da biblioteca fixo o último comentario neste blog. Pero como se soe dicir "mais vale tarde que nunca", aquí voltamos con moitas ganas, con moitas historias e con moitas novidades (xa vos contarán, xa vos contarán...!).


Para este curso, imos petar forte na porta das vosas aulas (falamos en sentido poético, que a ninguén se lle ocurra tomalo literalmente) e inmiscuírnos nas vosas lecturas, no voso traballo e no voso lecer.

Por certo, lembrades onde estamos? Si, si, sabemos que esta frase vos recordará a algo, pero nada que ver ese "ao fondo, á dereita" co espacio da biblioteca que temos no instituto.


"Agora mola", di Chaniño. "Ou?"


Para os que chegástedes novos ao Instituto este ano, presentámosvos a Chaniño. Este bonequiño tan estupendo é o representante da nosa Biblioteca. Naceu da imaxinación de Alicia, a profesora de plástica e vainos acompañar en todas as actividades, que este ano van ser unhas cantas.

Rapaces, todas e todos, que teñamos un Feliz Inicio de Blog 2009. Esperamos vervos por aquí con frecuencia e que vos animedes a participar, xa que os vosos comentarios axúdannos a mellorar.