martes, 22 de diciembre de 2009

Final? Non, só un alto no camiño.

Chegamos a fin de trimestre coa cabeza posta no Nadal. Pero antes de que vos desexemos unhas Felices Festas queremos darvos as grazas pola vosa participación nas actividades que se levaron a cabo desde a Biblioteca do instituto.

Moitas pegadas participaron na segunda edición de "Libros que deixan pegada... no tempo". Só gañaran tres pero moitas poderían ser tamén premio.

A todos os que participástedes moitas grazas.



Comentarvos brevemente que para despois de Nadal, buscaremos xente con parche no ollo, pata de pao e loro no ombro... Mergullámonos no mundo dos piratas!



O Club de Lectura recibirá aos seus membros o martes 26 de xaneiro de 2010 co libro Genealogía de una bruja, de Benjamin Lacombe e Sébasteien Perez. Animádevos a participar con este libro que está recibindo o recoñecemento de críticos e lectores.



E finalmente, recibiremos o novo trimestre repasando o que fixemos neste Nadal (antes de recoller as árbores decoradas de tradicións que colgan no corredor da Biblioteca), e rematarémolo recordando todas as imaxes que o Antroido pode dar de si no mundo.



Agora si: Feliz Nadal a tod@s!

Vémonos no 2010.

PRIMEIRO PREMIO: ABRIL

De Claudia a Claudia: unha para escribir Medianoche e a outra para deseñar como esta obra lle deixou pegada. 130 puntos fixeron gañadora do primeiro premio a unha montaxe feita con talento, gusto e arte. A túa pegada, Claudia, foi votada pola maioría dos participantes.
Moitas felicidades! Un traballo precioso.

SEGUNDO PREMIO: FEBREIRO


109 puntos avalan un merecido segundo premio para Estefanía, por esta montaxe de cine e literatura sobre a obra Crepúsculo, de Stephanie Meyer.
Parabéns para ti tamén, Estefanía!

TERCEIRO PREMIO: XULLO

Iván recibiu 104 puntos por esta fantástica acuarela. A obra representada foi Una luz en la marisma, de Javier Alfaya.
Parabéns, Iván!

GAÑADORES DAS PEGADAS

Despedimos o trimestre.
Hoxe rematamos clases.
Recibimos notas.
Entregamos premios.
Escoitamos información sobre Internet interesante...
e non podíamos despedirnos de vós deixando no aire unha pregunta sen respostar...

E quen gañou o concurso de Libros que deixan pegada no tempo?

Aquí van.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Fin da exposición virtual de Libros que deixan pegada... no tempo.

ÚLTIMAS NOVAS:

1. Para os que entregástedes tarde as pegadas (cariñoso e metafórico "tironcete" de orellas -3ª A-), decirvos que cando as entregástedes, xa estaban as montaxes feitas así que non houbo xeito de colocalas no blog.

2. Para os que confundístedes "Libros" con "vídeos", explicarvos que vos tivemos que desclasificar do concurso por non seguir as bases establecidas.

3. E para o autor da pegada 110: avisarte de que Jack London está na biblioteca agardando a que pases por alí para canearte. Mira que darlle o mérito a outro!?!?!?!?!?!?

4.- O equipo da biblioteca quere agradecer a tod@s os membros da comunidade do IES Chano Piñeiro a súa colaboración e participación: grazas titores, grazas profesores e grazas alumnos.

RAPA-C/Z-@S, AS VOSAS PEGADAS NON SÓ DECORAN, SENÓN QUE TAMÉN RECOMENDAN LECTURAS. PARABÉNS POLO TRABALLO FEITO E MOITOAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN


O equipo da biblioteca

Decembro: chegamos ao final.

Que curioso! Decembro é o mes da fantasía: 6 - 2. A vida dos buscadores de ouro en Alaska no século XIX e o triste panorama da Segunda Guerra Mundial fronte a cidades subterráneas, contos dos irmáns Grimm, unha historia de Fantasía que nunca remata, fábulas do tempo de turróns, mais vampiros e os feitizos das fadas Vainilla e Pervinca.
Aquí remata a exposición virtual de Libros que deixan pegada... no paso do tempo. Xa tedes claro a quen ides votar?

9 - M - bro (Nove - em - bro)

1 pegada con Montaxe.
2 clásicos da literatura universal.
3 lecturas obrigatorias.
2 libros de fantasía.
1 mes de pantasmas.

Outubro... como se resume?

Mes do mais variado. A ver, deixádenos recapitular.
Para os que como Nicolás non queren ir á escola; unha aventura "ratística" no Oeste; unha fábula a prol do "desenrolo sostible"; un conto folclórico ruso (recopilado por Afanasiev, escritor ruso do século XIX); o título do libro que máis veces foi presentado a este calendario; o glamour dunha model super-fashion; dous maniáticos de pouca idade e un cándido Manolito que fala e fala, e volta a falar.
Voilà!


Rematou o verán tranquilo... setembro conflictivo!

Os problemas da sociedade moderna no primeiro mundo: paro, medos da infancia que nos impiden medrar, internet criminal e tifóns devastadores. Pero tamén nenos vestidos con traxes de infortunio, reis beduínos envexosos, e un mago con poderes únicos... Por certo, este calendario que estamos facendo entre todos era de Libros e non de vídeos... (sentímolo, número 9!)

A-gosto A-brasador e A-burrido?

"A-firmativo!", pensaron Leonel e Uxía cando tiveron que ir pasar o verán á aldea dos avós. Pola contra, Bibiana non paraba de coidar nenos e unha misteriosa tatuaxe poñía a proba ao historiador Robert Langdon. Namentres, bruxas, misterios en París, escalofriantes skin-heads,... e, anda! Un ocupa vampiro no mes de agosto (¿¡!?). Menos mal que non hai peor cego que o que non quere ver, e En la ardiente oscuridad nos quedamos, ata que o morcego voe ata o seu mes correspondente.
Ahhhhhh, as vacacións!!!!!!!

martes, 8 de diciembre de 2009

Xullo: intriga e amor baixo o sol de verán.

Sóache a algo un verán no que parecía que os días ían ser aburridos e longos? E de repente unha morte na marisma, un detective privado "esquelético", amor en diferentes versións, e como non, os animais dos libros de máis éxito nesta edición: Caramelo e Calcetín. Por outra banda, nova proposta dun xénero do cómic que gusta moito en Forcarei.
Adiviñas cal?

Xullo
View more presentations from curso01.

No medio: xuño 6/12.

Chegamos á metade do calendario, e cambiamos a ficción polo olor a vacacións, a amizade, a liberdade (con estatua incluída), a diferentes perspectivas para afrontar a vida, ás historias dun burro mais listo que o seu amo fraile, e mal que nos pese, tamén a árbores queimados.


XuñO
View more presentations from curso01.


Estamos no ecuador... seguimos un chisco mais?

En maio o ben loita contra o mal.

Aplastante maioría!

Hipnotismo, alquimia, maxia, misterio... desbancan ás investigacións de Flanagan, á viaxe de Héctor ou á intriga da praia de Llas, en Foz. Como curiosidade un título que procede dun país lusófono.

Velaí vos van!

Maio
View more presentations from curso01.

Abril: fantasía e realidade

Abril ven fantástico e vampírico: Medianoche, de Claudia Gray compite co Crepúsculo de Stephanie Meyer (de novo entre a nosa colección); pero ademáis de Harry Potter, Nacho e Marcos, Sheila e Said,Ramón Lamote... tamén historia e realidade aparecen refrexadas nas vosas pegadas: a dor na violencia de xénero, a triste época da Segunda Guerra Mundial e as dificultades dun neno xordomudo nun campamento saharaui.

Abril
View more presentations from curso01.


Mmmmmm! Abril, un mes que dá moito para ler (e pensar).

Marzo... rebelde!

Aquí chega marzo, un pouco manga un pouco aventureiro; un pouco científico, un pouco fantástico,... e tamén un pouco rebelde: algunhas letras escapáronse das mans de Stephanie Meyer, Jordi Sierra i Fabra, Gonzalo Moure e John Boyne. Mágoa! Os bolígrafos dalgúns alumnos non foron capaces de atrapalas. Pese a todo, os títulos recoñécense ben.
Marzo
View more presentations from curso01.

Van xa unhas cantas. Apareceu xa a túa pegada?

lunes, 7 de diciembre de 2009

Mes curto... poucas pegadas!

Poucos de vós elixístides o mes de febreiro para situar a vosa pegada. Non obstante, varios dos títulos exposos aparecen representados tamén noutros meses. A superventas Stephanie Meyer aparecerá ata en cinco ocasións máis, aínda que Sallinger ou Jaume Terradas tampouco pasarán inadvertidos.

Aquí vos queda febreiro. Disfrutádeo!

lunes, 30 de noviembre de 2009

Brrrrrrrrrr! Vaia si "hello"... pegadas de Xaneiro

Despois dunha sesión máis digna duns Xogos Olímpicos que dunha biblioteca, por fin conseguimos pegar todas as pegadas no corredor da biblioteca. Así que aquí as deixamos, para que poidades velas cando queirades na casa (avisade á familia, que seguro que lle fai ilusión) e vos sexa mais fácil a votación.
Empezamos por xaneiro. Pouco a pouco irán chegando as demáis.

Por certo,... queremos agradecer a todos os colaboradores desta mañá a axuda prestada. Sen vos non daríamos feito o traballo tan axiña.
Unha aperta, estupend@s!

domingo, 29 de noviembre de 2009

SAÚDOS DA BIBLIOTECA 2009



Pasouche ben tempo desde que o equipo da biblioteca fixo o último comentario neste blog. Pero como se soe dicir "mais vale tarde que nunca", aquí voltamos con moitas ganas, con moitas historias e con moitas novidades (xa vos contarán, xa vos contarán...!).


Para este curso, imos petar forte na porta das vosas aulas (falamos en sentido poético, que a ninguén se lle ocurra tomalo literalmente) e inmiscuírnos nas vosas lecturas, no voso traballo e no voso lecer.

Por certo, lembrades onde estamos? Si, si, sabemos que esta frase vos recordará a algo, pero nada que ver ese "ao fondo, á dereita" co espacio da biblioteca que temos no instituto.


"Agora mola", di Chaniño. "Ou?"


Para os que chegástedes novos ao Instituto este ano, presentámosvos a Chaniño. Este bonequiño tan estupendo é o representante da nosa Biblioteca. Naceu da imaxinación de Alicia, a profesora de plástica e vainos acompañar en todas as actividades, que este ano van ser unhas cantas.

Rapaces, todas e todos, que teñamos un Feliz Inicio de Blog 2009. Esperamos vervos por aquí con frecuencia e que vos animedes a participar, xa que os vosos comentarios axúdannos a mellorar.