martes, 21 de octubre de 2008

CLUB DE LECTURA

Comezamos por segundo ano o noso Club de Lectura. ¿Lembrades como se chamaba?

OBXECTIVO: A LÚA

Hoxe imos ter a nosa primeira reunión deste curso e esperamos reunirnos aquí con moitos de vos. Este ano comezamos cas lecturas que vos nos propoñades, así que traede o libro que mais vos guste como proposta.

¿O sitio? O mesmo do curso pasado, que para os que vos incorporedes este ano e non o coñezades, é a Biblioteca do Instituto.

Agardámosvos hoxe 21 de outubro de 2008, ás 3 da tarde na zona dos "supersofás".

Unha apreta desde a Biblioteca.

martes, 7 de octubre de 2008

BENVIDA

Ola a tod@s!

Pois si, pois si,... que pasou rápido o verán!

Comezamos con esta entrada inagural dende o Blog da Biblioteca do IES Chano Piñeiro queremos desexarvos un Feliz Inicio de Curso e un Próspero Ano Académico 2008/2009.

Aos que entrades por primeira vez no centro, recibide un saúdo de benvida, e unha invitación para que vos animedes a participar nas distintas actividades que se desenrolan desde a Biblioteca. Para 0s que xa nos coñecemos, decirvos que este ano contamos con dárvos moita caña bibliotequera, e que esperamos atopar na replica unha morea de xente coas pilas alcalinas cargadas e ganas de traballar.


Se durante o curso pasado vístedes cambios espectaculares ao final do pasillo do 2º andar, agardade a ver os cambios deste ano, porque as intencións son as continuar coas reformas da biblioteca.

¿Que será? ¿Que será?

¿Intrigados?

Deixade que os Rumorosos volo vaian contando...

miércoles, 21 de mayo de 2008

Entrevista a Santiago Jaureguizar (4)

10.- ¿Haberá continuación de Salitre?

Non estou seguro, pero é algo que me pide moita xente. Ten un final aberto porque me gusta que os lectores se imaxinen a continuación.


Esta entrevista foi realizada o 29 de abril de 2008 por Andrea (redacción das preguntas), Claudia, Ana Cristina, Estefanía L., Estefanía V. e Sofía.

Entrevista a Santiago Jauareguizar (3)

7.- ¿Cal é o seu escritor preferido? ¿Por que?

Hai moitos, pero gústanme Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo e Gonzalo Moure, consíguen meterme nas súas historias.

8.- De todos os seus premios, ¿cal é ao que lle ten máis aprecio?

Ao "Premio Fundación Caixa Galicia" polo libro A cova das vacas mortas.

9.- ¿Encontraremos no mercado dentro de pouco algún novo libro de vostede?

Acaba de sair Salitre en español e estou escribindo unha serie para rapaces dun home chamado Tintiman.

Entrevista a Santiago Jaureguizar (2)

4.- ¿Cando escribe as súas obras inspírase nas súas vivencias ou son froito da súa imaxinación?

Sempre te inspiras no que viviches: cando escribín Salitre, inspireime na praia e no verán, cando vía ós rapaces facer surf, e no que sentía eu á idade dos personaxes.

5.- Á hora de escribir, ¿que estilo literario lle gusta máis?

As novelas, porque permiten contar moitos feitos e falar máis dos persoaxes.


6.- ¿Que lle gusta máis, escribir ou ser "vocalizador" de Elvicristo Machine?

Ese foi un grupo no que estiven fai uns anos. Gustoume, pero gústame máis escribir.

Entrevista a Santiago Jaureguizar (1)

1.- ¿Desde sempre decidira dedicarse á escritura e ao xornalismo ou esta idea xurdiulle co paso do tempo?

Pois verás, eu quería tocar de novo en "Sinistro Total" a guitarra e comecei a escribir letras de cancións, pero como non se me daba moi ben comecei a escribir contos e parece ser que estaban ben, así que continuei.

2.- ¿A que idade escribiu o seu primeiro libro?

O primeiro que escribín foi Fridom Spik con 28 anos.

3.- ¿Cal é das obras que escribiu a que máis lle gusta? ¿Cando a escribiu?

Salitre gústame moito porque lle gusta a moitos rapaces. Escribino un verán nunha casa preto da praia hai oito anos.

viernes, 9 de mayo de 2008

JAUREGUIZAR NO IES CHANO PIÑEIRO



O martes 29 de abril, Santiago Jaureguizar veu ao noso instituto a falarnos da súa obra Salitre. Por problemas de espazo, a xuntanza co noso "Convidado de Honra" fixémola na aula de alumnos en vez de na biblioteca, e tras unha amena charla interactiva, Andrea, Estefanía Vilar, Estefanía Lamas, Claudia e Sofía -alumnas de 2º da ESO-, fixéronlle unha pequena entrevista.

Durante o encontro, o noso escritor valeuse dos alumnos participantes para crear unha historia imaxinaria que incluía a J.R., un circo ambulante, unha crocodrila con aspiracións de estrela hollywoodiense, un estraño parto de ovos por cesárea, ... e todo isto no marco do Pouso, unha poza de auga que na realidade si existe en Forcarei.

Se ti fuches un/unha dos que estivo alí, segue lendo os seguintes post para saber máis sobre este músico-escritor-xornalista bravú.

Se ti non puideches estar nesta xuntanza, segue lendo os seguintes post para saber algo máis desta polifacética personaxe.


¿Que din os rumorosos do IES Chano Piñeiro?

Que pinches no seguinte enlace. ¿A que nunca sospeitarías toda esta información?

"QUE DIN OS RUMOROSOS", BLOG DA BIBLIOTECA DO IES CHANO PIÑEIRO

BENVIDA A TOD@S!!!!!!!!

INAGURACIÓN DO BLOG DA BIBLIOTECA


Hoxe é un día importante: a biblioteca do noso instituto comeza a súa andadura cibernética, disposta a saudar a cantas personas nos queiran visitar. Así que engadide á sección de favoritos do voso ordenador este nome "Que din os rumorosos", e recibide tod@s un saúdo virtual de benvida.
Neste curso, a nosa biblioteca empezou unha andadura de cambios importantes, algún deles moi visibles e outros non tanto, -lembradevos da biblioteca antes da chegada dos ordenadores, ou do "supersofá non autografiable"-. Outros cambios aínda están xestándose, e algúns levan xa fervendo motores dende principio de curso.
E isto non vai rematar aquí. Como se di musicalmente, "andante" -se présa pero sen pausa- irémosvos contando no noso blog, as novas máis importantes que xurdan en relación á biblioteca e ao noso centro.
¿Queredes saber que din os rumorosos do IES Chano Piñeiro de Forcarei?

Pois ala, a teclear, a teclear...