martes, 22 de diciembre de 2009

Final? Non, só un alto no camiño.

Chegamos a fin de trimestre coa cabeza posta no Nadal. Pero antes de que vos desexemos unhas Felices Festas queremos darvos as grazas pola vosa participación nas actividades que se levaron a cabo desde a Biblioteca do instituto.

Moitas pegadas participaron na segunda edición de "Libros que deixan pegada... no tempo". Só gañaran tres pero moitas poderían ser tamén premio.

A todos os que participástedes moitas grazas.



Comentarvos brevemente que para despois de Nadal, buscaremos xente con parche no ollo, pata de pao e loro no ombro... Mergullámonos no mundo dos piratas!



O Club de Lectura recibirá aos seus membros o martes 26 de xaneiro de 2010 co libro Genealogía de una bruja, de Benjamin Lacombe e Sébasteien Perez. Animádevos a participar con este libro que está recibindo o recoñecemento de críticos e lectores.



E finalmente, recibiremos o novo trimestre repasando o que fixemos neste Nadal (antes de recoller as árbores decoradas de tradicións que colgan no corredor da Biblioteca), e rematarémolo recordando todas as imaxes que o Antroido pode dar de si no mundo.



Agora si: Feliz Nadal a tod@s!

Vémonos no 2010.

PRIMEIRO PREMIO: ABRIL

De Claudia a Claudia: unha para escribir Medianoche e a outra para deseñar como esta obra lle deixou pegada. 130 puntos fixeron gañadora do primeiro premio a unha montaxe feita con talento, gusto e arte. A túa pegada, Claudia, foi votada pola maioría dos participantes.
Moitas felicidades! Un traballo precioso.

SEGUNDO PREMIO: FEBREIRO


109 puntos avalan un merecido segundo premio para Estefanía, por esta montaxe de cine e literatura sobre a obra Crepúsculo, de Stephanie Meyer.
Parabéns para ti tamén, Estefanía!

TERCEIRO PREMIO: XULLO

Iván recibiu 104 puntos por esta fantástica acuarela. A obra representada foi Una luz en la marisma, de Javier Alfaya.
Parabéns, Iván!

GAÑADORES DAS PEGADAS

Despedimos o trimestre.
Hoxe rematamos clases.
Recibimos notas.
Entregamos premios.
Escoitamos información sobre Internet interesante...
e non podíamos despedirnos de vós deixando no aire unha pregunta sen respostar...

E quen gañou o concurso de Libros que deixan pegada no tempo?

Aquí van.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Fin da exposición virtual de Libros que deixan pegada... no tempo.

ÚLTIMAS NOVAS:

1. Para os que entregástedes tarde as pegadas (cariñoso e metafórico "tironcete" de orellas -3ª A-), decirvos que cando as entregástedes, xa estaban as montaxes feitas así que non houbo xeito de colocalas no blog.

2. Para os que confundístedes "Libros" con "vídeos", explicarvos que vos tivemos que desclasificar do concurso por non seguir as bases establecidas.

3. E para o autor da pegada 110: avisarte de que Jack London está na biblioteca agardando a que pases por alí para canearte. Mira que darlle o mérito a outro!?!?!?!?!?!?

4.- O equipo da biblioteca quere agradecer a tod@s os membros da comunidade do IES Chano Piñeiro a súa colaboración e participación: grazas titores, grazas profesores e grazas alumnos.

RAPA-C/Z-@S, AS VOSAS PEGADAS NON SÓ DECORAN, SENÓN QUE TAMÉN RECOMENDAN LECTURAS. PARABÉNS POLO TRABALLO FEITO E MOITOAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN


O equipo da biblioteca

Decembro: chegamos ao final.

Que curioso! Decembro é o mes da fantasía: 6 - 2. A vida dos buscadores de ouro en Alaska no século XIX e o triste panorama da Segunda Guerra Mundial fronte a cidades subterráneas, contos dos irmáns Grimm, unha historia de Fantasía que nunca remata, fábulas do tempo de turróns, mais vampiros e os feitizos das fadas Vainilla e Pervinca.
Aquí remata a exposición virtual de Libros que deixan pegada... no paso do tempo. Xa tedes claro a quen ides votar?